Manuel María Vidal y Boullón

Data de nacemento
23/12/1861
Lugar de nacemento
Seira
Data de defunción
26/01/1929
Lugar de defunción

Tui (Baixo Miño (comarca))
Biografía

Seira ( 1861 ) - Tui (1929 ). Cursou estudos no seminario de Santiago de Compostela. Foi ordeado de presbítero o 19/12/1885. Consagrado na catedral de Osma o 23/5/ 1925. Preconizado bispo de Tui o 27/10/1923. Tomou posesión da diócese o 1/4/1924 e fixo a súa entrada solemne o 18 de Maio do ano seguinte. Posuía os grados académicos de doutor en Sagrada Teoloxía (1891) e licenciado en dereito canónico, e era, ademais, prelado doméstico da Súa Santidade e pronotario apostólico " ad instar ".
Desempeñara anteriormente os cargos de capelán de Iria Flavia; secretario particular do cardeal Guisasola; en Osma: vicesecretario de cámara e goberno; canónigo arquiveiro por oposición e máis tarde ( 1903 ) arcediano , secretario de cámara e goberno e vicario particular; bispo titular de Birta e administrador apostólico de Ciudad Rodrigo ( 1915 - 1924 ).