Luis Borrajo Vázquez

Data de nacemento
1950
Lugar de nacemento
Ourense (l)
Data de defunción
2005
Biografía

Nos seus comezos, en 1967, Borrajo traballou no obradoiro do tamén escultor ourensán Acisclo Manzano. Logo marchou a Madrid para estudar deseño e decoración, e nos setenta, regresou á Galicia para comezar o seu traballo escultórico.
Foi profesor de Arte na Universidade Laboral de Ourense e, no ano 1973, fundou o grupo Deica, xunto co artista Enrique Conde e o poeta Miguel Durán.