Conservas Albo

Data de nacemento
1869
Biografía

Conservas Albo foi fundada en 1869 co nome de Albo e Arredondo en Santoña, un dos portos pesqueiros de maior importancia do litoral Cantábrico. O seu fundador foi Carlos Albo Kay, profesor de inglés, francés e matemáticas no Instituto de Manzanedo, do que chegou a ser director.
A empresa comeza producindo anchoas en salazón e escabeches de xeito artesanal, incrementando a súa actividade a comezos do SXX. Chegou a ter once factorías implantadas ó longo dos litorais Cantábrico e Atlántico, necesidade imposta pola ausencia da tecnoloxía do frío. Entre elas a que levantou en Vigo no 1929, seguindo trazas de Jenaro de la Fuente. A partires dos anos 60 as novas tecnoloxías propician unha reorganización da produción, reducíndose o número de fábricas.