Obradoiro de cunquiñas

Celebración do Nadal no Museo do Viño de Galicia coa xente miúda

De
26 de Decembro do 2019
-
12:00h
Museo do Viño de Galicia (Ribadavia)
Obradoiro de cunquiñas

Aprende a facer unha pequena cunca ao xeito tradicional. Trátase dunha actividade para toda a familia ou para grupos escolares, a partir de 4 anos. O persoal especializado do Museo do Viño de Galicia aprenderavos a técnica de modelado do barro sen torno. En menos dunha hora cada participante realizará un recipiente, que poderá levar para casa, seguindo os modelos da olería asociada á cultura do viño. Unha actividade completamente de balde. É necesario facer reserva chamando ao 988 783 075 ou enviando un correo electrónico a informacion-museodovinho.cultura@xunta.gal.