A música de raíz na cultura do viño e De paseo polo Camiño do Viño

De
19 de Maio do 2023
ao
20 de Maio do 2023
-
20:00 e 10:30
Museo do Viño de Galicia
Actividades maio 2023

Un ano máis o 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos, polo que para celebralo o próximo 19 de maio levarase a cabo no Museo do Viño de Galicia a actividade “A música de raíz na cultura do viño”, un concerto da man de Xavier Blanco. 

Dita actividade dará comezo ás 20:00 da tarde con entrada de balde ata completar as prazas dispoñibles. 

 

Ademais disto, o próximo 20 de maio terá lugar novamente a segunda edición de “De paseo polo Camiño do Viño”, unha andaina que partirá do Museo do Viño e que fará unha ruta circular de 14 km de baixa dificultade.

Para inscribirse podedes enviar un correo a mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal ou ben chamar ao número 988.788.720.