Curso de Cualificación WSET en viños

Nivel 2

De
23 de Novembro do 2020
ao
24 de Novembro do 2020
Museo do Viño de Galicia
Curso WSET en viños Nivel 2

O medio Galicia.wine organiza no Museo do Viño de Galicia o Curso de Cualificación WSET en viños Nivel 2. Unha formación dirixida a persoas profesionais e afeccionadas de nivel intermedio que queiran obter un certificado internacional que acredite os seus coñecementos na cultura vitivinícola. A través deste curso poderán coñecer as principais variedades e rexións de cultivo de viños no mundo, as características que dan lugar aos distintos epígrafes do seu etiquetado, e comprobar de maneira práctica os contidos teóricos a través dunha cata dirixida.

Para a obtención da Cualificación WSET en viños de Nivel 2 será necesario superar un test de 50 preguntas que será validado pola sé central en Londres. Pódese obter máis información na web www.galicia.wine