Un ano máis o teatro volve tomar a capital do Ribeiro e o Museo do Viño de Galicia, situado na antiga reitoral de Santo André, no concello de Ribadavia, non faltará a esta cita formando parte da oferta cultural dos dez días de actividade ininterrompida que manterán activa a vila.
Polo tanto, os horarios das instalacións adecúanse a esta cita imprescindible do verán galego e o Museo estará aberto todos os días até o 25 de xullo no seguinte horario:
- 10:00 - 14:30
- 17:00 - 20:30
Ademais, as visitas guiadas mantéñense tamén en catro quendas:
- Ás 11:00 e 17:30 para todo o público
- Ás 12:00 e 18:00 nunha versión adaptada á cativada da casa
Animamos ao público a visitar Santo André e a gozar da gran festa do teatro, un pack imprescindible e infalible de cada verán.