Cumbrao, unha variedade que se daba por perdida

27 de May do 2023
Cumbrao

Coas recentes investigacións, durante este ano 2023 atopuse una cepa antigua de Cumbrao, na Ribeira Sacra, unha variedade que se pensaba extinta dende fai un século. Grazas a recuperación dos viñedos do Chancís por parte do Concello de Sober, hoxe podemos desfrutar de dous bravos do cumbrao. Esta cepa recuperada, trátase dunha variedade de uva branca que se emprega para elaboración dun viño doce torrado coñecido como tostado  e que só se bebe en ocasións especiais. 

Existe constancia escrita de que a desaparición desta cepa foi a mediados do século XIX coa aparición da temida praga de filoxera, a cal afectou os viñedos a nivel europeo, arrasando con viñedos e facendo moi dificil a súa recuperación. 

Para a conservación do cumbrao e evitar novamente a súa desaparición,  decidiuse que o mellor era podar e facer enxertos destas castes agardando a verán para observar que resultado poden dar. O resultado  deste proxecto foi a enxerta de vinte e tres bravos que agardamos que sobrevivan para recuperar una variedade que se cría desaparecida, e por moitos olvidada. 

Imaxen do Consello Superior de Investigacións Científicas e Misión Biológica de Galicia. (CSIC)