A través da experiencia e da visión de Dominique Roujou e da enoloxía francesa.

2 de June do 2022
Conversas do Museo, con Dominique Roujou.

Dende a tradición e o coñecemento da enoloxía francesa atopámonos con Dominique Roujou, quen compartiu formación con Jean Claude Berrouet, afamado discípulo do enólogo Emile Peynaud. Dominique Roujou reflicte a conexión entre o viticultor e a paisaxe que o rodea, buscando a forma de adaptarse continuamente ás condicións climatolóxicas tan características que temos en Galicia e que supoñen un desafío maior para os nosos viticultores, sempre dende o respecto ao entorno. Á súa vez incide particularmente na importancia das IXP galegas, en concreto dos viñedos e dos caldos procedentes do territorio de Betanzos.

 

Poderedes acceder á entrevista completa mediante a seguinte ligazón:

https://www.youtube.com/watch?v=0uqioA-VCdM