O libro "As covas de Valdeorras. Unha viaxe subterránea pola arquitectura e a cultura do viño", escrito por Carina Rodríguez e Cristina de la Torre, ofrece a primeira publicación que afonda nestes elementos singulares do patrimonio vitivinícola de Galicia.
A obra, promovida pola Xunta, ten como obxectivo documentar e difundir os recursos patrimoniais e gastronómicos que distinguen este territorio. "As covas de Valdeorras son moito máis que espazos vinculados á produción e conservación do viño, xa que forman parte da historia, da paisaxe e da memoria colectiva da rexión", recollen, subliñando que "coñecer e difundir o patrimonio de Valdeorras tamén nos permite ofrecer novas formas de descubrir Galicia e enriquecer a experiencia turística".
Máis info: https://laalacenaroja.es/la-xunta-publica-el-primer-libro-sobre-as-cova…;