A vendima nocturna.

3 de October do 2026
A vendima nocturna.

Cando o día chega ao seu fin o traballo comeza. Se mencionamos a vendima nocturna, con tan só ler estas palabras, é moi posible que sepades a que nos estamos a referir. Falamos dun xeito diferente no tocante á recollida da uva que, neste caso concreto, se realiza cando o día está a piques de rematar para aproveitar as baixas temperaturas que nos ofrecen as noites dos meses de agosto e de setembro.

A vendima nocturna únicamente se pode realizar en viñedos en espaldeira, sendo máis axeitada para a recollida das variedades de uvas brancas debido a que estas son máis sensibles á luz en comparación coas tintas. En calquera caso, grazas a este procedemento conséguense diversas vantaxes como a de evitar que a uva se oxide ou fermente máis rápidamente, obtense cunha maior calidade, máis fresca e á súa vez mantén os aromas naturais propios da variedade, os cales poderían diminuír durante a vendima diúrna.

• Imaxe de Domingo Gutiérrez.