Raúl Pérez recuperará un albariño criado durante 15 anos baixo o mar

5 de September do 2026
Exemplo de crianza submarina de viño

O enólogo Raúl Pérez volverá á ría de Arousa para recuperar unha serie de botellas de albariño do seu proxecto Sketch. O viño, que se mergullou baixo bateas, completou unha particular crianza de máis de quince anos a uns vinte metros de profundidade. 

A expedición partirá de Cambados o vindeiro día 9 de setembro. Segundo Raúl Pérez, a crianza submarina -completa escuridade, presión constante e temperatura relativamente estable, ademáis do movemento continuo do mar- podería ter achegado a estes viños a un perfil máis complexo, aromático e salino. 

Máis información:

https://enoteca.elbierzodigital.com/el-vino-que-durmio-15-anos-bajo-el-…

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/2026/09/01/raul-perez-r…