O Camiño do Viño representa o intercambio comercial máis importante de Galicia dende o S.IX ata o XIX. O seu trazado percorre históricos lugares, aldeas senlleiras e as máis importantes adegas que os señores laicos e eclesiásticos de Galicia posuían no Ribeiro, para abastecer de viño a peregrinos, mosteiros, nobres e á realeza
O principal medio de distribución do viño era grazas á labor dos arrieiros, que cargaban as súas mulas con pelellos cheos destes caldos. O que pretende amosar este roteiro histórico é precisamente o percorrido feito polos arrieiros cando viaxaban a Compostela para vender o seu produto.
O roteiro ten unha lonxitude de 12 km, parte dende Ribadavia e finaliza no Mosteiro de San Clodio do Ribeiro de Avia.
Este tramo atravesa aldeas históricas, granxas vitícolas que foron propiedade das familias galegas máis importantes no Ribeiro, antigos pazos como o dos Ulloa, edificios relixiosos como o Santuario das Areas ou o impoñente mosteiro cisterciense de San Clodio, grandes extensións de viñedos que son o selo identitario do Ribeiro, e lagares líticos milenarios como o de Peitieiros.
Todos eses elementos históricos e patrimoniais converten esta ruta nun percorrido único