Variedades tintas para climas fríos

31 de January do 2026
Variedades tintas para climas fríos

Ao pensar en climas fríos o habitual é pensar en variedades de uva branca e en características como unha maior acidez e frescura. Non obstante, certas castes tintas tamén son axeitadas para as baixas temperaturas.

Nos días de frío que estamos a vivir paga a pena lembrar variedades europeas resistentes ás climatoloxías máis extremas. Casos como o da Pinot Noir, a Gamay ou a Saint Laurent demostran que o viño tinto non é soamente cousa de calor e que a humanidade sempre atopou maneiras de adaptar o cultivo da vide aos seus hábitats. 

Os tintos obtidos con estas variedades, por outra banda, acostuman ser más ácidos, con menor contido de taninos e máis lixeiros que os que se obteñen en climas calorosos. 

Algúns exemplos destas variedades: 

  • Pinot Noir. Quizais o exemplo máis paradigmático. Ten características, como unha temperá maduración e pel fina, que a fan ideal para climas frescos. 
  • Gamay
  • Cabernet Franc
  • Zweigelt
  • Saint Laurent