4 de October do 2025
O viño barrantes é un dos caldos máis emblemáticos da Comarca de O Salnés, na Provincia de Pontevedra. Trátase dun viño tinto artesanal, elaborado tradicionalmente a partir da variedade caíño tinto, ainda que tamén pode mesturarse con outras uvas autóctonas como a mencía ou o espadeiro.
É coñecido polo seu intenso cor vermello púpeura, polo seu sabor fresco e lixeiramente afroitado, pola súa lixeira acidez, que lle da un carácter moi peculiar e diferente.
O viño barrantes forma parte dunha cultura e identidade popular da zona e ten unha fonda relación co consumo familiar e festivo. Un dos momentos máis destacado deste viño é a Festa do Viño Tinto do salnés que se celebra cada ano na parroquia de Barrantes (Ribadumia).