Os viños de pasas

30 de August do 2025
Método de secado das uvas

Na publicación de hoxe aportaremos unha serie de características e datos históricos sobre os viños de pasas ou viños de palla, auténtica testemuña viva da historia da vitivinicultura: 

  • Son viños realizados co mosto de uvas que se deixan secar para a súa pasificación, o que fai que gañen unha dozura natural
  • A primeira descrición de como realizar este tipo de viños atópase na obra Traballos e días de Hesíodo (s. VIII a.C.)
  • En tempos romanos, este estilo de viño coñecíase como passum e pode conectar en orixe con exemplos cartaxineses descritos por Magón (s. II a.C.)
  • Na actualidade, son moi poucas as rexións nas que sobreviven viños elaborados deste xeito
  • Polo tanto, viños como o Tostado do Ribeiro son inestimables e escasas fiestras abertas a milenios de historia e tradición vitivinícola

Entre os viños que se seguen facendo na actualidade segundo estas técnicas podemos destacar -e ademais, por suposto, do Viño Tostado do Ribeiro- os seguintes: Strohwein (Austria e Suiza), Vin Santo (Italia), Liastos (Grecia) ou Vin de Paille (Francia).