19 de April do 2025
Durante a época primaveral as vides tamén notan as oscilacións na temperatura e inician un proceso de rexeneración persoal, de ansiado florecemento, abandoando a época dos fríos invernais que as mantiñan adormecidas para así dar a benvida á agradable primavera. É, canto menos, un extraordinario fenómeno que sinala os primeiros indicios da tan esperada brotación.
Coa subida das temperaturas o zume da vide comeza a percorrer todo o interior da pranta, espertándoa do seu longo repouso e embargándoa novamente de vida. As vides aínda permanecen cortadas trala poda de inverno, polo que cando o seu zume acada estas “feridas” é como se emulase á bágoa dun choro.
📷 Imaxe: Carmelo Betolaza.