O ser humano consume viño dende fai milenios, concretamente dende hai 8.000 anos. Esa é a cronoloxía que aportaron unhas cerámicas atopadas no sur de Xeorxia e pertencentes á cultura Shulaveri-Shomu. Datadas grazas ao carbono 14, nelas atopáronse restos de ácido tartárico, málico ou succínico, todos eles presentes nos procesos de fermentación do viño.
O doutor P. McGovern, autor principal deste estudo, xa fora descubridor de numerosas bebidas alcohólicas históricas, como o viño funerario do "Rey Midas" (Zagros do norte, Irán), que no seu momento foi considerado como o de maior antigüidade (7.000 anos).
Este achado súmase á riqueza patrimonial que atesoura Xeorxia como verdadeiro berce da vitivinicultura. Unha cultura do viño, a xeorxiana, que conta con practicas ancestrais merecedoras da consideración como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO: é o caso do Antiguo método xeorxiano de vinificación tradicional en kvevris.