Ovos de formigón, unha nova forma de almacenar o viño.

15 de March do 2025
1

Aínda que pareza un invento recente, xa existían recipientes de formigón para almacenar ou vinificar o viño na Europa do século XIX, a estos añadíanlle un elemento extra para evitar o contacto do viño co cemento, principalmente por 3 motivos: evitar a degradación do depósito (o formigón é vulnarable a acidez do viño), evitar a contaminación no sabor do viño , e por último, facilitar a limpeza do contedor, previndo posibles contaminantes de bacterias ou fungos. E ainda que “desapareceron” durante un logo tempo, os enólgos están tentando recuperar esta práctica debido a que o material non armado de uns 10 a 17 centímetros dará un certo valor ao caldo.

Segundo o enólogo arxentino Juan Pablo Michelini, a forma oval permite que o viño teña “un movemento constante, sen intervención de electricidade nin bombas, que redondea os taninos, que se pulen nas paredes porosas do ovo. Por outra banda, mantense a mesma temperatura en todos os puntos do recipiente, fundamental para o viño”.

Ademais, o ovo de formigón non engade sabores, mantendo así o seu "sabor orixinal" tanto das uvas como do terroir, permitindo a micro-oxixenación dos taninos, algo que non se pode conseguir de forma natural en barricas de aceiro inoxidable.