Viños mareados ou de ida e volta

8 de February do 2025
Recreación del método de almacenaje de ánforas en embarcaciones (Empúries)

Un mosto das mesmas uvas pode resultar en viños completamente diferenciados en función das condicións e lugares onde se fermente e almacene. É algo que chega ata niveis evidentes nos casos nos que estos procesos se fan en espazos pouco habituais ou extremos. Entre eles chama a atención o dos “viños mareados” ou de “ida e volta”, viños nos que parte do proceso de fermentación e crianza se fai a bordo de embarcacións. 

A acción do mar sobre os caldos xa era coñecida en tempos romanos, cando Plinio o Vello (23-79 d.C.) valora como vigorizante o efecto que os viaxes navais tiñan sobre os viños. Malia non comprender exactamente o que acontecía durante estas viaxes, constatábase que a calidade do producto melloraba en moitas ocasións. Como resultado, o proceso de mareado ou de ida e volta tivo unha vida prolongada e acrecentouse en popularidade coa apertura das rutas comerciais cara América e outros destinos coloniais, xa na Idade Moderna. . 

Esta técnica de vinificación, que deixou pegada ata no refraneiro (“Mareado el buen vino de Jerez, si valía cinco vale diez”), esta a ser recuperada na actualidade por algunhas adegas de forma experimental. Agora, iso si, coñecendo o proceso polo que pasan os viños nestes “mareados”: as condicións de presión, humidade e lixeiros movementos existentes nos barcos permiten unha sorte de crianza sumerxida que lle aporta un carácter distintivo ao produto final.