A Feira do Viño a través do tempo

16 de June do 2024
1

A memoria faise falando. Baixo esta premisa queremos comezar cun ciclo de publicacións adicadas o testemuño da xente que máis preto tivo as primeiras edicións da Feira do Viño do Ribeiro. Este foi un tempo de cambio e de innovacións que marcou o porvir da xente e da zona. É claro que xa, moitas das persoas que daquelas participaron activamente na organización xa non están entre nós, e con elas fóronse tamén os seus recordos. É por este pensamento que cremos necesario deixar en palabras o que a xente nos quere contar. 

 “En la taza, en la copa o en el vaso el vino es una sonrisa abierta, un guiño de ojos. El vino sabe y satisface, acompaña y ayuda, amigo fiel”. Con estas palabras anunciaba La Región a I Feira-Exposición do Viño do Ribeiro o 28 de abril do 1964, coincidindo coas festas de San Pedro. 

Vicente, un veciño de Ribadavia, recorda que na primeira edición os bodegueiros situábanse en cada soportal da Alameda e que había stands onde mostraban novas maquinarias agrarias. Ademáis estaban moi ben decorados, coas cepas e as uvas e todo, engade. Tamén comenta o ambiente festivo que se respiraba en toda a vila, sacaron a tocar a banda da Lira e tamén había bandas de gaiteiros. Ás nenas as vestían de galegas. Comparando as catas de agora comenta que antes poñían o viño en cubas e ti ias e collíalo, ou regalaban as botellas. A todo esto engade: viña xente de todas partes, moita xente de fora tamén. Tamén invitaban a xente importante, incluso nunha delas vira Fraga a dar o pregón… sempre traían a alguén importante para promocionar o viño. Conclúe afirmando que as primeiras foron as mellores, moi diferentes ás de agora.