O Tombo das viñas de Ribadavia.

25 de February do 2024
Tombo das viñas

O Tunbo de las viñas de Rribadavuia é un pergameo en lingua vernácula que contén tres textos escritos entre os séculos XIII e XIV. Producido no Mosteiro de Melón e depositado na Catedral de Ourense. Trátase dun rolo composto por catro anacos de coiro, tres deles cosidos entre si e o cuarto engadido posteriormente.

Menciónase no 1611 no tombo do Mosteiro de Melón conservado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Nel se especifica que: “Ay un apeo [...] de todas las uiñas y heredades que este Monasterio, el de Osera, Sant Clodio, Cela Noua y otros monasterios y señores tenían al tiempo en Riuadauia [...], consta que este monasterio tenía [...] dos haceñas y que hauía casas en el lugar de Orjaas y otras muchas casas y uiñas que se le han perdido en Riuadauia [...]. Está asimismo apeo de las casas. uiñas y heredades que [...] tenía en Santisteuan de Nóboa [...].

Olga Gallego (1986) fai un estudo sobre este pergameo, destacando a súa importancia de cara á análise da historia eclesiástica en Galicia e, en concreto, do interese que da orde monástica na antiga vilá ourensá. 

Filolóxicamente é moi importante por contar cun carácter híbrido: en dous dos textos, o idioma utilizado oscila entre o galego e o leonés, e o outro está escrito íntegramente en galego. O texto A é unha pescuda ordeada polo rei Alfonso IX sobre as posesións que teñen as ordes relixiosas en Ribadavia; o texto B contén un rexistro das viñas, casas, soutos, herdades e foros que o mosteiro de Melón ten na vila de Santo Estevo de Nóvoa; o texto C, recolle o aforamento que o abade Xoán Estévez de Melón fai dunha viña no actual Rebordechán a Afonso Pérez e a sua muller Mariña Martíz. 

O estudo histórico-lingüístico deste tombo foi tema de tese de doutoramento de Luz Méndez Fernández, defendido no Departamento de Filoloxía galega da Universidade de Santiago de Compostela no 2016, posteriormente publicado polo Consello de Cultura Galega.