De que estamos a falar cando escoitamos o termo 𝑡𝑒𝑟𝑟𝑜𝑖𝑟.

10 de February do 2024
Terroir.

Non existen dous viños iguais no mundo nin tampouco dous viñedos semellantes. O termo francés terroir significa en galego algo parecido a “terruño”. O terroir acolle particularidades propias da zona onde se cultiva a vide, nas que se engloban determinados factores naturais e inherentes como o clima, a altitude ou o tipo e composición do solo en cuestión.

É dicir, fala daquela área de viñedos que consta dunhas características peculiares que son traspasadas aos viños que se producen nesa zona concreta. Este é un detalle que se debe ter en consideración xa que nunca atoparemos dous terreos de viñedos semellantes no mundo nin dous viños de iguais características, matices e personalidade.