Tradición do viño quente en Galicia.

28 de December do 2023
1

Hoxe imos a falar da tradición do viño quente en Galicia. Dende fai varios séculos o viño foi un dos alimentos principais da maioría da poboación nos meses de inverno. Despois de longas xornadas de traballo soportando baixas temperaturas os campesiños quentaban os viños novos para así poder entrar en calor. Esta costume tamén era moi característica na época das matas, despois de lavar as tripas no río as familias reuníanse en torno ás lareiras e quentaban o viño novo para darlle calor ó corpo.

O viño quente tamén se usaba xunto coa graxa do porco como un remedio para curar os catarros e para a dor forte das moas ou con mel para que fose máis doce.

Non podemos esquecernos dunha das grandes tradicións de Galicia, as sopas de burro canso, un alimento que segundo as zonas, pode ser considerado como principal e noutras como postre. Elabórase con viño tinto novo, azucre e migas de pan e, durante moito tempo, serviu como comida esencial de moitos campesiños.