Brotite da vide ou podedumbre gris.

15 de December do 2023
1

A “Botrytis cinera” é un tipo de fungo que ataca os órganos verdes dos viñedos, principalmente aos acios, atopándose presente en todas as zonas vitícolas da Península. Esta enfermidade aparece cando as condicións climáticas son desfavorables, con humidades e chuvias intensas na época de maduración das uvas. O fungo hiberna na cortiza e xemas das cepas e infecta durante a primavera, a través das feridas provocadas polas pragas, a sarabia ou mesmo polos animais.

No caso do acio é onde máis dano provoca. Durante a floración preséntase no raspón en forma de mancha marrón para posteriormente dar lugar a un fungo gris provocando a morte da zona afectada. Nas follas, a sintomatoloxía aparece nos bordos, en forma de necrose con aspecto de queimadura e coa humidade ambiente aparecen manchas de po gris.  Nos brotes novos aparecen manchas alongadas de cor marrón e, ao igual que no caso anterior, coa humidade aparece “pelusilla” de cor gris e marrón. Isto pode ocasionar a perda dos brotes máis novos.

Para controlar esta enfermidade débense utilizar productos fitosanitarios, sendo a última aplicación vinte e un días antes da vendima, retirar os acios afectados para que non se vaia contaxiando, controlar as pragas para que non deixen feridas polas que o fungo poida entrar e  deixar moita ventilación para que entre sol os acios para que non lle afecte a humidade e posterior enfermidade. 

Fotografías: Vitaterra