Os arquitectos galegos premian a rehabilitación dun antigo forno para sala de catas no Museo do Viño de Galicia.

1 de December do 2023
1

"Unha intervención singular, de moita maior complexidade da que correspondería á modestia da superficie e do orzamento", na adaptación do antigo forno da Reitoral de Santo André de Camporredondo, a sede actual do Museo do Viño de Galicia, grazas "a un minucioso deseño do mobiliario" e ao "aproveitamento do espazo".
Estes son os argumentos do xurado dos Premios "Gran de Area", do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, para premiar este proxecto dos arquitectos Manuel Seoane Feijóo e María Sonia López Calvo, que dota ao Museo dun lugar idóneo para as zonas de cata, aproveitando unha antiga e pequena instalación, ata agora sen uso, para estes actos divulgativos nas súas instalacións.