26 de November do 2023
O pasado 23 de novembro levouse a cabo no Museo do Viño de Galicia unha charla da man de José María Fonseca Moretón, o presidente fundador do Consello de Administración do Grupo Vitivinícola Terras Gauda. Neste evento falouse da súa traxectoria, na que consolidou o Grupo Terras Gauda en catro zonas vitivinícolas recoñecidas e tamén falou da estratexia que seguiu para levar os seus viños por sesenta países.
Dende o Museo do Viño de Galicia agradecemos a súa participación e dedicación e invitámosvos a seguir as redes do museo para estar ó corrente da nosa axenda de actividades.