D.O RIBEIRO, unha das cinco denominacións de orixe existente en Galicia.

4 de November do 2023
D.O Ribeiro

Baseándonos no testemuño de Estrabón, o cultivo e a elaboración do viño na zona do Ribeiro remontase o século II antes de Cristo, tendo coma evidencia lagares de pedra que datan daquela época. Posteriormente as invasións xermánicas frearon a produción vitivinícola da comarca pero non fixeron que desaparecera e coa chegada da Idade Media foi o gran auxe deste traballo o que levou o Ribeiro o máis alto. 

 

Durante a Idade Media asentáronse nesta zona en forma de granxas e priorados os máis importantes centros eclesiásticos galegos, que tiñan coma obxectivo prover de viño as súas sés. Os mosteiros, sendo o máis importante o de San Clodio,  foron os grandes impulsores do cultivo da vide e xestionaban e administraban os territorios por medio de contratos forais nos que se establecían o abastecemento por parte do campesiñado a os monxes para a elaboración do liquido sagrado. Na súa distribución, os monxes cistercienses e beneditinos das distintas graxas e priorados, xogaron un papel importante xa que o viño lévase a Santiago de Compostela e a posterior se repartía por todas as casas eclesiásticas da época. Cando a colleita era abundante, o viño chegouse a exportar a países coma Inglaterra e Flandes e alí vendíase coma o máis caro de cantos había. Pasados os séculos os ingleses serían os principais clientes de este produto. 

 

Entre os séculos XV e XVI o viño converteuse nunha das maiores riquezas do Ribeiro e exportouse a moitos sitios de España e Europa. Principalmente facíase en carruaxes, nos que se levarían os toneis, e chegarían os portos para o seu embarque. O viño do Ribeiro chegou o novo mundo da man dos barcos de Cristobal Colón no ano 1492 e foi un dos primeiros en ser degustado nese territorio. Temos constancia documental de que no ano 1592 embarcáronse 127 pipas de viño Ribeiro por 190 reais no porto de Ferrol con destino a América. 

 

Máis tarde xa entre o século XVI e XVIII vivíase no Ribeiro un comercio florecente, sendo o seu principal riqueza o viño da zona, ata que no século XIX chegaron as pragas de procedencia americana que devastaron a comarca. Debido a estas pragas precisouse realizar a enxerta das vides nos pés americanos e coma consecuencia introducíronse variedades foráneas as cales eran máis produtivas en comparación coas autóctonas. 

 

Actualmente a denominación de orixe Ribeiro e coñecida coma a máis antiga de Galicia, xa que foi proclama no ano 1932 e a segunda de España seguindo a Rioxa, na que se esta a reforzar os orixes e tamén se esta a apostando pola uva local para así obter a máxima calidade e expresión das variedades autóctonas.