Proxecto VINIoT

14 de October do 2023
Proxecto VINIoT

Grazas á colaboración de distintos países, entre eles España, Portugal e o sur de Francia xorde VINIoT, un proxecto de intelixencia artificial que ten coma obxectivo principal a creación dun servizo tecnolóxico de monitorización dos viñedos que axuden ás pequenas e medianas empresas no control das súas plantacións en tempo real e tamén a distancia.

Para levar a cabo o correcto funcionamento e elaboración deste proxecto europeo realizáronse múltiples ensaios agronómicos nos que se tiñan en conta os diferentes tipos de viñedo, as variedades da uva e as condicións climáticas das rexións do sur de Francia, o norte de Portugal, Galicia e na Rioxa.

VINIoT é o nome do proxecto financiado polo programa Interred Sudoe a través do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) que presta un servizo de viticultura de precisión basándose nun sistema de visión multiespectral fusionado cunha rede de sensores IoT. Dita tecnoloxía monitoriza diversos aspectos do viñedo tales como o estado hídrico da planta, a maduración da uva, a incidencia de certas enfermidades, axudando nesta última enviando ó adegueiro e viticultor unha alerta para realizar cedo as correccións e así mesmo reducir os custos de produción, aumentar o volume das colleitas e tamén mellorar a calidade do viño.  

Con este proxecto quérese tamén axudar ó viticultor no tema económico, xa que o emprego deste sistema implicaría un gran aforro nos custos, non só nuns casos senón en todos. VINIoT será capaz de substituír os servizos e as análises do laboratorio, optimizar os custos de risco e diminuír o consumo de produtos fitosanitarios, grazas á detección temperá das enfermidades.