
Mar Vilanova de la Torre, enóloga galega que conta cunha ampla cualificación no eido vitivinícola e que actualmente forma parte do departamento de investigación do Instituto de Ciencias de la Vid y el Vino do CSIC, foi a encargada de compartir o seu valioso saber sobre o interesante mundo do viño tostado. Procedeu a guiar minuciosamente a un público que pouco tardou en animarse a compartir as súas sensacións, conversar sobre cada un dos matices que atopaba dentro da súa copa e expresar a súa experiencia persoal ao degustar estes tan prezados caldos.
Dende o Museo do Viño de Galicia confiamos un gran agradecemento a Mar pola profesionalidade nunha xornada tan instrutiva, e tamén a diferentes adegas e viticultores que accederon a colaborar nesta actividade, como Bodegas Campante, Terra do Castelo, Cume do Avia e a Antonio Míguez Amil, de Boas Vides.