A esfarna

22 de July do 2023
a esfarna

Chegados os meses de Maio e Xuño e o momento da esfarna, que noutras palabras é a floración da vide, o nacemento das uvas. 

A cepa durante a esfarna, as flores presentes nela vanse abrindo para dar paso o fruto que máis adiante convertirase en viño. O abrirse estas flores, coma viticultores podemos facernos unha idea da producción de viño que imos ter nesta añada, ainda que non todas as flores callen a gran maioría si que poden desarrollanse. Neste proceso temos que ter en conta os factores que poden influir non só na cantidade senon tamén na calidade da uva que imos recoller na vendima, sendo estos factores: as condicións climáticas e meteorolóxicas e o aireado dos racimos para evitar por exemplo que aparezca o hongo da botritis que atacan principalmente os organos verdes da cepa. 

A taxa de callado e moi importante para saber a cantidade de xenero que imos ter pero tamén e indispensable que demos prioradade a calidade e saude da cepa antes que a cantidade. Se as condicions meteorolóxicas e climáticas son favorables podemos atopar no viñedo unha alta taxa de callado que fara que os racimos cando crezcan sexan compactos e pequenos polo que o aireado dos racimos será inexistente e moi posible a aparición de enfermedades. Esta sobrecarga de racimos xenera na planta estres e debemos de axudala facendo una  retirada de entre 4 e 8 follas basales para obter unha menor taxa de callado e conseguir unhs racimos máis grandes e olgados que coma resultado sexan máis sanos.