V. As enfermidades da vide: A flavescencia dourada.

2 de April do 2023
Flavescencia dourada.

Coñecida dende os anos cincuenta do pasado século e orixinaria de América do Norte, a denominada como flavescencia dourada trátase dunha enfermidade que se identificou por vez primeira en territorio europeo na rexión francesa de Armagnac. Habería que esperar ata 1996 para descobrir os primeiros focos en España na rexión catalá de Alt Empordà (Xirona). A súa expansión na actualidade é cada vez máis notoria, facendo perigar os viñedos de certas rexións vitivinícolas do norte de Italia, do sur de Francia, Portugal, Alemaña, Israel ou Rumanía.

A transmisión da flavescencia dourada é moi rápida ao efectuarse mediante o contaxio das cepas a través dun insecto de moi pequeno tamaño, a chamada cicadela (Scaphoideus titanus). Existen dúas vías de propagación da mesma, a través do transporte de materia vexetal procedente de plantacións infectadas ou mediante o desprazamento do propio insecto voador entre dúas áreas. Se non se actúa de inmediato as consecuencias poden ser notables e provocar unha drástica diminución da producción e a parcial ou total morte das cepas afectadas.

Durante o verán, sobre todo entre os meses de xullo e agosto, os síntomas asociados á flavescencia dourada son máis característicos, visibles e doados de identificar, polo que a continuación relatamos algúns dos máis relevantes. Prodúcese un cambio característico na coloración das follas segundo a variedade de uva (avermellada en variedades tintas, non sendo sempre uniforme, e amarela nas brancas, puidendo afectar incluso aos nervios da planta). As follas preséntanse enroscadas cara ó envés, dispostas en forma de tella, cunha sobreposición e ofrecendo uns bagos de acentuada acidez. Por outra banda é notable observar un retraso na brotación, e desecación ou necrose dos acios, cos sarmientos e coas follas tornando pregadas cara abaixo semellando un aspecto "desmaiado", ou incluso sufrindo nalgúns casos unha prematura defoliación.

Non existe un único síntoma específico que permita o recoñecemento indiscutible da flavescencia dourada na vide, senón que é necesario observar varias sinais ao mesmo tempo para non confundir esta afección.

 

Imaxe: Campo Galego. Xornal dixital agrario.