A información que agochan as botellas de viño: As contraetiquetas.

19 de February do 2023
Contraetiquetas

As contraetiquetas son un distintivo de calidade, un selo que aporta unha variada información que complementa á suxerida na etiqueta, imprescindibles e moi útiles para coñecer o viño ante o cal nos atopamos. Se as etiquetas dunha botella de viño, visibles nun primeiro plano na parte dianteira dunha botella, son a primeira impresión acerca do viño que vai ser consumido ou comprado, igualmente relevantes o son as contraetiquetas que se atopan na súa zona traseira.

Nas contraetiquetas amósase a marca para recoñecer rápidamente o viño que temos con nós, ademais da procedencia ou a dirección do lugar de embotellado do produto e o anagrama ou selo da Denominación de Orixe ou da Indicación Xeográfica Protexida á que pertence, emitido polo Consello Regulador en cuestión.

Outros datos que podemos ver reflexados son as variedades das uvas que foron empregadas e tamén se o viño contén sulfitos, un aspecto importante e, sobre todo, obrigatorio naqueles que empregan ácido sulfuroso.

Interesantes tamén o son as notas descritivas do viño, recomendacións e suxerencias de maridaxe e da temperatura máis adecuada do servizo, e de igual relevancia será ensinar a gradación alcólica nunha porcentaxe xunto á cantidade en centilitros da botella, que xeralmente acostuma a ser a estándar de 75cl. Para rematar, atopamos o número de lote para coñecer o ano no que se embotellou e o código de barras.