In vino veritas (et sanitas)

From
17 de October do 2022
to
22 de October do 2022
IN VINO VERITAS (ET SANITAS)

Nos días 17,21 e 22 de outubro de 2022 celebrarase no Museo do Viño de Galicia as xornadas “In vino veritas (et sanitas) nas cales se pretende desenvolver un espazo onde reflexionar, preguntar e conversar sobre o viño na actualidade. 

Contaremos coa presenza de Diego González, mellor sumiller de España pola UAES 2019, Octavio Colis, escritor, Jesús Paul, sumiller e Luís Buitrón, Presidente da Federación Española de Asociación de Enólogos. 

O programa desenvolverase do seguinte xeito: 

O luns 17: “Gustos e sensacións: unha anállise sensorial da demanda actual” polo sumiller Diego González, ás 12:00 no IES o Ribeiro para o ciclo medio de aceites de vinagres e ás 19:00 no Museo do Viño de Galicia. 

Venres 21: “O viño e os Monacatos” e presentación do libro “El vino en todos los sentidos” por Octavio Colis e Jesús Paul ás 19:00 no Museo do Viño de Galicia. 

Sábado 22: “O que nos piden e o que producimos: actuais tendencias de éxito dos viños galegos no mercado” por Luís Buitrón. 

A entrada será de balde ata completar aforo.