Curso de cualificación en viños WSET Nivel 2.

24 de November do 2021
WSET nivel 2

Os pasados días 22 e 23 de novembro, o  Museo do Viño de Galicia acolleu unha vez máis á Galicia Wine Academy, para a celebración do curso de cualificación “Wine & Spirit and Education Trust” (WSET) Nivel 2.

As persoas asistentes puideron, en dúas xornadas intensivas nas que se combinan a teoría e a cata pasar do nivel principiante a intermedio, profundizando nos coñecementos adquiridos no Nivel 1, impartido tamén nestas instalacións o pasado 6 de outubro. 

Os contidos deste segundo nivel pasan por recoñecer as principais variedades de uva do planeta, as súas rexións imperantes e os estilos de viño resultantes, o impacto de factores ambientais e tipos de viticultura nos viñedos, a calidade dos mesmos, os procesos de producción e as maridaxes máis adecuadas.

Este curso foi impartido polo director de Galicia.wine, Jorge Vila, no Museo do Viño de Galicia en colaboración co Concello de Ribadavia.