Vigo (m)
Ángel Mareque Cajaraville. Ourive representante da chamada «Escola de Santiago de Compostela» traballaba a prata e o marfil. Participou, entre outras, no I Salón de Primaveira de Artistas Noveis (Vigo, 1931) e na exposición XXXI Aniversario do I Salón de Primaveira de Artistas Noveis (Vigo, 1961). No ano 1946 foi nomeado profesor de ourivería na Escola de Artes e Oficios. Foi coorganizador do II Salón de Primaveira de Artistas Noveis (1952). En 2014 a Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo dedicoulle a exposición: «Oficio de Ourive. Ángel Mareque e a Creación do Taller de Ourivería na Escola de Artes e Oficios»; comisariada por José Luis Mateo Álvarez.
[Mateo Álvarez, José Luis (2013) in: http://xornal.vigo.org/pdf/educacion/miguelrodal.pdf]