Fernando Díaz de Mendoza y Aguado Uribe y Flórez

Data de nacemento
07/06/1862
Lugar de nacemento
Murcia <(provincia)>
Data de defunción
20/10/1930
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Conde de Balazote e conde de Lalain, os dous con grandeza de España, e marqués de Fontanar. Actor teatral, esposo en segundas nupcias da actriz María Guerrero, con quen triunfou nos principais escenarios de Europa e América; chegaron a ter un teatro propio en Argentina, o Teatro Cervantes. A primeira actuación coa súa futura esposa tivo lugar na representación de Mariana, de José Echegaray. Pouco despois foi contratado pola compañía que posuía o pai da actriz, Ramón Guerrero, dirixida polo insigne actor Ricardo Calvo y Revilla. Díaz de Mendoza destacou especialmente no xénero da traxedia, na que facía gala dun gran dominio escénico; así o mostrou na estrea da eloxiada obra de Ángel Guimerá María Rosa (1894). Actuou durante varias tempadas no Teatro Español de Madrid, foi propietario do Teatro Princesa da capital (1910), promoveu a construción do Teatro Cervantes de Bos Aires e tamén dirixiu durante algún tempo o Conservatorio de Música de Madrid. Fernando Díaz de Mendoza e Guerrero e avó dos tamén actores Fernando Fernán Gómez e Mari Carmen Díaz de Mendoza. Faleceu no Hotel Moderno na cidade de Vigo, dende foron trasladados os seus restos por ferrocarril a Madrid.