Biografía
Francisco Rubira Fariña (Negreira, 1896), farmacéutico instalado en Vigo dende 1946, que acaba situando a súa farmacia nos baixos do edificio ao que acabará por dar nome. O proxecto foi encargo de Salvador de la Fuente Pita Pastor en 1880 ao arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, se ben o promotor definitivo será Lucas de la Riva, iniciándose as obras en 1901. Na década dos sesenta do século XX é adquirido por unha entidade bancaria que o desmontou en 1967. En defensa desta construción, só se alzou a voz de Benedicto Conde «Bene», a través dun artigo publicado no Faro de Vigo en 1965.