Antonio García García

Biografía

Antonio García García foi bispo de Tui do 16 de xullo de 1930 ata o 14 de febreiro de 1938 no que foi nomeado arcebispo de Valladolid; foi administrador apostólico do Bispado de Tui dende o 14 de febreiro de 1938 ata o 15 de outubro de 1944.
Por Bula Quemadmodum impiger de S.S. Xoán XXIII, de data 9.Mar.1959, únese á Diocese de Tui e ao seu Bispo o título e denominación de VIGO; elévase a rango de Concatedral o templo de Santa María de Vigo; e facúltase ao Bispo para que poida residir e ao Cabido Catedral para que poida celebrar os oficios na Cidade de Vigo.