Obradoiro de cunquiñas sen torno.

Obradoiro para facer cunquiñas de barro coas técnicas máis tradicionais.

From
21 de December do 2019
to
5 de January do 2020
-
12:00 e 16:30
Museo do Viño de Galicia
Póster obradoiro cunquiñas

Con motivo do inicio das vacacións de Nadal e co obxectivo de achegar a artesanía vinculada ao mundo do viño en Galicia ao público máis novo; o Museo do Viño de Galicia permitirá que a cativada -a partir de 4 anos- acompañada de familiares ou só coa guía das monitoras do Museo, aprendan a facer unha cunca seguindo as técnicas tradicionais. Son moitos os núcleos oleiros galegos e entre a colección permanente do museo observarán pezas de obradoiros coma os de Gundivós ou Niñodaguia, asociados á imaxe da Ribeira Sacra, e replicar as cunquiñas que poderán levar para casa ao remate da actividade que ten unha duración de 50 minutos. 

Unha actividade tamén enfocada a grupos escolares, e de balde, para a que é necesario facer reserva chamando ao 988 783 075 ou enviando un correo electrónico a informacion-museodovinho.cultura@xunta.gal.