Antonia Xosefa Santos García

Data de nacemento
30/06/1831
Lugar de nacemento
Mondoñedo (l)
Biografía

Antonia Xosefa Santos García nace en Mondoñedo o 30 de xuño do 1831. Segundo o censo de poboación, vivía coa súa irmá na Rúa das Angustias onde debían ter o seu estudo de fotografía. Puido chegar a ser a mestra de fotografía de Filomena Díaz Villada quen en 1880 aparece traballando como fotógrafa na mesma rúa. Só se conservan dúas fotografías realizadas por Antonia e ambas están relacionadas co mundo do carlismo.