Xosé Conde Corbal

Data de nacemento
1923
Lugar de nacemento
Pontevedra (m)
Data de defunción
1999
Lugar de defunción

Pontevedra (m)
Biografía

Este artista naceu en Pontevedra nun ambiente artístico definido polo nacionalismo grazas ao labor de Castelao. A súa afección pola expresión plástica comezou sendo un neno, paixón que anos despois lle levaría a abandonar os seus estudos de Química e Dereito. Asentouse en Ourense para intensificar a súa traxectoria e foi un artista comprometido coa realidade que lle rodeaba e con grandes dotes comunicativas nas artes gráficas.