Busca do tesouro

Celebración do Nadal no Museo do Viño de Galicia coa xente miúda

From
21 de December do 2019
to
5 de January do 2020
-
12:00h
Museo do Viño de Galicia (Ribadavia)
Busca do tesouro

Unha maneira diferente de visitar o Museo do Viño de Galicia. Un xogo autoguiado dirixido ás familias para descubrir tódolos secretos que agocha a Reitoral de Santo André. A través dunha serie de pistas escondidas nas diferentes salas do museo, nenas e nenos e tamén os adultos aprenderedes curiosidades sobre o mundo do viño e realizaredes probas moi divertidas para atopar o tesouro final.

A actividade é de balde e ten unha duración aproximada de 45-50 minutos. Pódese facer en calquera momento durante o horario de apertura, ata unha hora antes do peche. Non é necesario reservar praza.