Alejandro Paadín e Luís Paadín imparten unha apaixoante conferencia sobre a historia da viticultura.

14 de November do 2026
Alejandro Paadín e Luís Paadín imparten unha apaixoante conferencia sobre a historia da viticultura.

O Museo do Viño de Galicia ofreceu o pasado venres 13 de novembro unha cata con conferencia titulada "A domesticación da videira e as orixes da viticultura". A sesión foi impartida polos expertos Luis Paadín e Alejandro Paadín, ofrecendo unha oportunidade única para achegarse aos inicios do mundo vitivinícola.

A conferencia plantexou unha viaxe a través de 11.000 anos de historia, dende a domesticación inicial da videira no Mediterráneo oriental e o Cáucaso. O percorrido fixo parada en emprazamentos arqueolóxicos clave como os xacementos de Shulaveris Gora (Xeorxia)*, con 8.000 anos de antigüidade e testemuñas das primeiras fermentacións, e a cova de Areni-1 (Armenia), datada hai 6.100 anos e recoñecida como a adega máis antiga coñecida.