Os sacarrollas.

24 de October do 2026
Os sacarrollas.

Ben necesarios son os sacarrollas. Con eles abrimos as botellas de viño para poder gozar do seu contido. Aínda que hoxe en día este mecanismo facilítanos a vida grazas á súa continuada evolución e ao enxeño dos seus fabricantes, non sempre foi así de moderna e doada de empregar esta peza que gardamos nalgún caixón da casa.

O primeiro sacarrollas coñecido como tal fabricouse en Francia en 1685, mais curiosa é a súa orixe, que se remonta ás antigas barrenas empregadas pra limpar os restos de estopa das armas.

A palabra que podería definir aos primeiros sacarrollas é a de arcaicos ou sinxelos, tanto no emprego como na estrutura, e todos eles están formados polo xeral por unha espiral de ferro que penetra no tapón de cortiza e uns brazos aos lados para facilitar a extracción.