"O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras", o novo libro á venta no Museo do Viño.

1 de August do 2026
O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras.

A tenda do Museo do Viño de Galicia conta cun novo libro á venda. Trátase de “O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras”, escrito por Josué Fernández Guerra.

A obra concíbese como un itinerario polo patrimonio dalgunhas adegas da denominación de orixe de Valdeorras, e que conforma a terceira parada dunha ruta que comezou co volume adicado ás adegas do Ribeiro e que continuou coas de Monterrei. A colección de publicacións do Museo do Viño de Galicia suma, con esta viaxe por Valdeorras, un grao máis na difusión do rico patrimonio vitivinícola galego.

Esta publicación quere ser unha porta de acceso aos viñedos, aos procesos e á maquinaria implicados na elaboración, conservación e difusión dos viños.