14 de March do 2026
Este ano 2026 cúmprese o centenario do nacemento de Alain Huetz de Lemps (1926-2024), xeógrafo e botánico francés autor dunha obra imprescindible para o coñecemento da historia da vitivinicultura galega e do noroeste peninsular: Vignobles et vins du Nord-Ouest de l´Espagne (1967).
Nos anos 50 e 60, e como preparativo para esta publicación -a súa tese de doutoramento-, percorreu Galicia estudando o seu viño, variedades, paisaxe e as vidas e costumes das súas xentes. As súas impresións e diagnósticos súmanse a un completo estudo histórico da vitivinicultura no noroeste, dende a súa orixe ata a metade do século pasado. Xunto a el, tamén nas fotografías, Nicole Méndez, a súa muller, coa que viaxou e que tantas veces o axudou como traductora.