As Catas Sonoras chegan este verán á súa quinta edición con blues, jazz e música de cine.

13 de June do 2025
As Catas Sonoras chegan este verán á súa quinta edición con blues, jazz e música de cine.

Volve un dos eventos máis esperados do ano Estabades preguntando moito por el e xa podemos confirmar que regresan as Catas Sonoras



Música para todos os gustos. Dende o jazz ata autores clásicos, dende a bossa nova ata o blues, ou dende os boleros ata o swing. Sempre en directo coincidindo con ese momento tan fermoso do día coa caída do atardecer, nun entorno inigualable e rematando a velada cunha copa de viño.



📝 Estas serán as datas da nova edición:



🔹 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich.

🔹 10 de xullo: Jimmy Barnatán.

🔹 7 de agosto: Jeff Espinoza & Gaby Jogeix.

🔹 21 de agosto: Ángeles Dorrio.

🔹 28 de agosto: Olga Brañas & Susanna Blanco (Cinema e música).



⏰ 21:00h.

📍 Museo do Viño de Galicia.

◽ Entrada de balde ata completar capacidade.