O RibeiroBus regresa ao Museo do Viño de Galicia na 62ª Feira do Viño do Ribeiro

10 de May do 2025
Ribeiro Bus

Con motivo da anual celebración da Feira do Viño do Ribeiro, o RibeiroBus voultou a percorrer as nosas estradas e paisaxes. 

Un ano máis, a iniciativa demostrou o seu éxito e atractivo para o público. O vehículo, un autobús histórico modelo Mercedes-Benz O 3500, do ano 1954, realizou un maravilloso percorrido no que os visitantes se puideron achegar á historia, a natureza e o encanto da comarca do Ribeiro. Unha maneira ideal de coñecer a rexión e os seus viños nunha viaxe que contou con parada no Museo do Viño de Galicia.