A pesar de que coa chegada dos últimos meses do ano os días son cada vez máis curtos e o frío é cada vez máis imperante, ningún motivo é suficiente como para frear ao público que se achega a visitar o Museo do Viño de Galicia. Durante os meses de setembro e outubro foron testemuñas de esta gran afluencia!
Acollemos aos usuarios da Residencia Nosa Señora dos Milagres, de Barbadás; a varias asociacións de veciños procedentes de Cangas e de Coia. Tamén recibimos ás persoas participantes no programa Reencontros de Galicia, da Secretaría Xeral da Emigración, que ten por finalidade facilitarlle ás persoas maiores galegas residentes en América o contacto coa realidade actual da nosa comunidade e o encontro cos seus familiares.
Por outro lado destacamos diversos promotores de Bodegas Martín Códax e de Viña Costeira; ao Festival de Cine de Ourense (OUFF); ao alumnado do Programa de Emprego de Redondela, da modalidade de Hostalaría e Cociña; e a axencias de viaxes que concertan visitas por primeira vez ou repiten pasadas experiencias, como BeTravel, CNTravel, DMCSologrupos, EspañaVisión, Naturanda Tours, OffiTravel ou Viajes Talión.
A todos e cada un de vós: GRAZAS!